Lembro o consello que recibía dun amigo cando
ía facer a miña primeira viaxe á India:
“Asegúrate de levar un libro sempre contigo porque vas ter que esperar
moito e en moitos lugares a que as cousas sigan o seu curso. Así, mentres
esperas, podes sentarte tranquilamente a ler.” Estou segura de que, entre outras
cosas, estaba a referirse á burocracia e, de ser así, podería dicir o mesmo de
outros moitos países, incluída España.
Todo isto ven a colación porque seguimos
esperando, despois de varios anos, pola resposta das autoridades indias sobre o
rexistro oficial da nosa organización. Cruzamos dedos e dedas para que o proceso conclúa
o antes posible, xa que ese recoñecemento traería sen dúbida cambios positivos e
moitas máis oportunidades de financiamento.
Finalmente, queremos agradecer a paciencia dos
nosos seguidores. Somos conscientes de que tardamos moito en actualizar o noso
blog; seguramente houbo alguén que creu que desaparecera o WLP. Ben, pois non
desapareceu. É máis, sentimos o mesmo entusiasmo pola nosa causa e seguimos
traballando duramente para conseguir que os nosos obxectivos sexan unha
realidade.