sábado, 11 de agosto de 2012

Revolucionando valores “de moda”



É un pracer volver despois dun pequeno descanso para compartir esta interesante entrevista a unha deseñadora de moda que promove o consumo responsable a través das súas coleccións de prendas elaboradas por artesáns da India e de España.
Kavita Parmar é unha deseñadora do norte da India, afincada agora en Madrid. Creou a marca IOU que comercializa prendas únicas e cosmopolitas - fermosamente elaboradas de xeito artesanal. IOU intenta conecta a prenda co artesán a través do que eles chaman "cadea da prosperidade", promovendo desta forma, un consumo responsable.
Kavita proporciona traballo a varias cooperativas indias. "Usando a tecnoloxía, conectamos o consumidor co artesán, para volver traer a conexión emocional co que consumimos... promover o consumo responsable porque unha vez que unha persoa sabe o que vai detrás de facer esa prenda, evalúalo máis".
Para Kavita, a India sempre é como un empezar de cero porque sempre todo é posible. E logo está esta incrible proxección de cores, de olores, é intenso... a India ataca todas as túas sensacións... é marabilloso... faite volver sentir..."
Son mulleres incribles capaces de crear iniciativas sorprendentes
que ofrecen un valor humano engadido.

domingo, 27 de maio de 2012

A maior inxustiza do noso século

Interesante charla de Sheryl WuDunn, periodista y autora de "Half the Sky" (La mitad del cielo), que puedes ver en TED (con subtítulos en español).



WuDunn non centra a súa charla na India, aínda que a menciona, nin tampouco na alfabetización feminina, senón nun concepto mais amplo que ela considera "o desafío moral fundamental deste século: a desigualdade de xénero." Este gran reto, que subxace tras moitos dos problemas aos que se enfronta actualmente o mundo en vías de desenvolvemento e incluso as grandes economías emerxentes é, en esencia, o que nos inspirou a crear o proxecto de alfabetización feminina de Gulabgarh.

No seu discurso Sheryl WuDunn cita a Larry Summers, que sendo economista xefe do Banco Mundial unha vez dixo: "É moi posible que o maior retorno da inversión no mundo en desenvolvemento sexa a educación das nenas." WuDunn afirma ademais que "cando un educa unha nena, esta tende a casar mais tarde na súa vida, tende a ter fillos mais tarde na vida, tende a ter menos fillos e eses fillos que ela ten, son educados dun xeito mais intelixente."

O WLP é consciente de que se as súas alumnas comprenden a importancia da alfabetización, traballarán mais duramente e dunha maneira mais informada pola educación de súas fillas.

O proxecto de alfabetización das mulleres de Gulabgarh comparte tamén a idea de que "os individuos podemos marcar a diferencia—e deberíamos—porque os individuos xuntos... podemos axudar a crear un movemento. E os movementos de mulleres e homes é o que se necesita para producir cambios sociais..."

sábado, 5 de maio de 2012

A "khata"

Supoñemos que os nosos lectores se estarán preguntando por que as persoas que contribuíron ao proxecto de alfabetización aparecen nas fotos cun fular de seda de cor amarela. Lembren que a maior parte das alumnas do WLP pertencen á comunidade budista de Gulabgarh e estes fulares de seda forman parte da súa tradición. Agora lle explicamos por que.


Ofrecer un fular de seda ou khata é unha antiga tradición dos budistas tibetanos que se segue respectando hoxe en día. A khata (tamén escrita kata ou katag) concédese ao inicio dunha nova relación (ben sexa familiar, de amizade ou incluso empresarial) como un símbolo de boa vontade. Preséntase en todo tipo de acontecementos relixiosos e políticos, en casamentos, nacementos, funerais e en calquera ocasión que se considere merecedora desta ofrenda. Moitas veces a entrega dunha khata sinala un cambio ou transición especialmente importante na vida dunha persoa.
 

As khatas preséntanse a Buda, a mestres espirituais e a obxectos de devoción. Por iso é moi común que a xente as coloque nos altares e nos obxectos que os adornan. Tamén se cre que traen boa sorte. Ademais, podémolos ver acompañando as bandeiras de oración budistas, a miúdo nos pasos de montaña. É unha sensación marabillosa recibir unha khata cando, despois de tanto esforzo, por fin consegues chegar á cima dunha montaña!


Os fulares tradicionais adoitan ser de seda branca ou marfil con mantras ou símbolos impresos ou bordados na tela. Ademais da seda, tamén se emprega o algodón, así como outras telas para fabricar as khatas e atopámolas noutras cores como o azul, vermello, verde, amarelo e ouro.

Nós quixemos obsequiar aos benefactores do WLP con unha khata en sinal da nosa máis profunda e sincera gratitude. Considérase un honor recibir este símbolo de boa bondade e beneplácito.

Como anécdota curiosa, dirémoslles que cando Barak Obama xuraba o seu cargo como presidente dos EU, levaba no seu peto unha khata bendita polo Dalai Lama. 

Fontes:
http://www.buddhachannel.tv/portail/spip.php?article13812
http://www.indiga.org/tibet/tb_costums.php
http://EzineArticles.com/3167725
http://www.tibetanprayerflag.com/products.php?cat=5 

quinta-feira, 3 de maio de 2012

Día mundial da liberdade de prensa 2012

Hoxe día 3 de maio é o Día mundial da liberdade de Prensa 2012. No WLP considerámolo un día importante, sobre todo nun momento como o actual, e por iso queremos compartir a seguinte reflexión: "a liberdade de medios de comunicación desempeña un papel crucial na transformación da sociedade ao reestruturar os seus aspectos político, económico e social. "

Como membros dun proxecto que intenta impulsar a alfabetización feminina, non podemos ignorar a importancia da alfabetización mediatica.
 
Pero que significa alfabetización mediatica (informacional) ou educación nos medios de comunicación? De acordo coa fonte que citamos mais abaixo , "A alfabetización mediatica consiste en ser capaz de pensar de maneira crítica e avaliar e analizar as novas e a información; consiste en saber como acceder aos medios desde unha variedade de fontes ; e consiste en ser capaz de transmitir información a través de distintos medios. É a base da comunicación nunha sociedade impulsada polos medios de comunicación." Polo tanto, "a educación nos medios de comunicación é tan importante para os estudantes de hoxe  en día como é comprender a historia e as matemáticas"
As mulleres de Gulabgarh--as nosas alumnas--deben esforzarse en conseguir a alfabetización, pero isto é só o primeiro paso. Unha vez que estas mulleres aprendan a ler e a escribir, deben prepararse para continuar aprendendo, para dar mais pasos cara o seu empoderamento, un dos cales é acadar a alfabetización mediatica.

domingo, 29 de abril de 2012

Un novo rostro. Outra nota de agradecemento.

Hoxe querémoslle presentar a Isabel, outra das nosas patrocinadoras e alguén que apreciamos moitísimo. Isabel é unha muller traballadora, que quere contribuír á alfabetización das mulleres de Gulabgarh--unhas mulleres que non coñece, pero polas que sinte empatía. Ela comprende e síntese identificada coas mulleres desa vila tan afastada da súa propia Galicia natal, porque comparte con elas a súa loita persoal por superarse, por axudar a sacar adiante a súa familia e por participar nas responsabilidades e decisións que a afectan. Isabel é unha muller que apreciamos e admiramos.

Loitadora, Isabel foi avanzando tamén profesionalmente a través da súa vontade e desexo por aprender e prosperar. Foi adquirindo uns coñecementos e sabedoría que só se obteñen do estudo e da experiencia e empregounos para mellorar a súa formación e a súa vida. Posto que Isabel é consciente da importancia da aprendizaxe ao longo da vida, continúa colectando e ampliando eses coñecementos. De feito, agora estase preparando para poder optar a un posto de traballo nos servizos de sanidade. Os que a coñecemos sabemos que a difícil situación actual que vivimos en España non a vai desanimar e que vai seguir o camiño elixido. En todo caso, se ese camiño se pechase, estamos seguros de que buscaría--e atoparía--outro mellor. Para nós ela é un exemplo de fortaleza, afán de superación e optimismo.

Grazas, Isabel, por crer no WLP e por axudarnos a traballar polo empoderamento das mulleres de Gulabgarh a través deste proxecto de alfabetización.

segunda-feira, 23 de abril de 2012

IKEA e a ONU unidos polas mulleres do rural


Recentemente, na nosa páxina de Facebook publicamos información relevante para as mulleres rurais do estado de Uttar Pradesh, o máis poboado pero menos desenvolvido da India. A nova, que parece traer esperanza para esta rexión, ten que ver cun acordo de colaboración asinado entre a Fundación IKEA e o Programa para o Desenvolvemento das Nación Unidas (UNDP). IKEA contribúe con €30 millóns a esta iniciativa que se cre vai beneficiar a unhas 50.000 mulleres de 500 vilas rurais deste estado do norte.

Noutras zonas rurais máis illadas como Paddar, iniciativas como o Proxecto de alfabetización das mulleres de Gulabgarh tamén loitan, aínda que a menor escala, por empoderar as mulleres (como se adoita expresar agora) para que estas se convertan en membros proactivos da súa comunidade.

Queda tanto por facer aínda nesta economía emerxente para axudar a que a súa poboación feminina adquira os coñecementos necesarios para desenvolver a confianza en si mesma, a autosuficiencia e, por que non, a alfabetización financeira, que toda iniciativa conta, por moi pequena que sexa. O noso proxecto prepara o camiño para que as mulleres desta zona tomen a iniciativa na súa vida familiar e social, comezando pola aprendizaxe das destrezas mais básicas da leitura, escritura e aritmética.

A continuación reproducimos parte do artigo que publicamos recentemente en Technorati e a ligazón ao mesmo.

Artigo publicado primeiro en Technorati, co título: Empowering Women: IKEA Joins Efforts With UNDP

"Empowered lives. Resilient nations." The heading on the homepage of the United Nations Development Programme (UNDP) website is inspiring a new effort designed to benefit the rural women of India. With a focus on empowering women, the UNDP has partnered with IKEA Foundation in a project that aims to help build the self-reliance and financial skills of over 50,000 women in 500 villages in three districts of Uttar Pradesh, India’s most populated (almost 200 m) but least developed state.
The partnership programme, to which IKEA has pledged €30 million, aims to promote this target group's financial literacy, thereby "strengthening their technical, institutional, managerial and financial skills so that they are able to play a larger role in the social and economic development in the villages."
Including rural women in its undertakings is an apparent attempt to broaden IKEA Foundation’s mission, until now focused mainly on helping the children of developing countries.

Read more: http://technorati.com/business/article/empowering-women-ikea-joins-efforts-with/#ixzz1sljf5s2q

domingo, 22 de abril de 2012

Día internacional da Terra 2012: o noso compromiso


O WLP Gulabgarh fixo unha promesa polo día internacional da Terra 2012 e dedicamos este día ás alumnas do Proxecto de alfabetización de Gulabgarh, que traballan tan duramente por alfabetizarse. Estas mulleres, que tamén loitan por converterse en membros proactivos da súa comunidade, pronto serán capaces de redactar os seus propios compromisos e organizar as súas propias campañas dedicadas ao día da Terra. Hoxe, pois, centramos os nosos esforzos na alfabetización medio ambiental.

A continuación incluímos uns datos interesantes que explican por que a rede Earth Day creou WAGE®  (Women and the Green Economy—As mulleres e a economía verde):
·  As mulleres constitúen máis da metade da poboación mundial.
·  As mulleres toman o 85 por cento das decisións sobre o que se consume.
·  As mulleres están ocupando postos de poder.
·  As mulleres son capaces de liderar unha economía verde sostible.
  
Feliz día da Terra 2012