sábado, 10 de dezembro de 2011

Por que centrar os nosos esforzos en reducir o analfabetismo?



Cremos que a seguinte cita pode responder á nosa pregunta:

"Cando as persoas se convencen de que poden mellorar as súas vidas a través do seu propio esforzo, cando se dan conta de que perderon outra nova oportunidade por mor do seu analfabetismo, daquela aprenderán a ler, escribir e contar".

Edgar Owens And Robert Shaw, Development Reconsidered: bridging the gap between government and People

domingo, 4 de dezembro de 2011

"Ler segue sendo a base do coñecemento"


Interesante artigo que ten relación co que comentaba nun estudo sobre o analfabetismo entre a poboación adulta na India (technorati.com): ese gran país enfróntase a dous problemas, ámbolos dous fundamentais: o analfabetismo "tradicional" e o analfabetismo dixital. Aínda sendo este último unha das claves do desenvolvemento na actual sociedade da información, parece ter razón o xornalista cando di que "ler segue sendo a base do coñecemento".