O feito de que contemos con
persoas como Fernando demostra que o WLP logrou impulsar a participación activa
de cidadáns máis alá das fronteiras da India.
Os nosos colaboradores
entenden que é fundamental unir esforzos para axudar a resolver este problema
global que tanto afecta á India, unha das economías emerxentes máis importantes
e poboadas do mundo. Non pode haber desenvolvemento sen alfabetización, nin
crecemento sen a participación activa dos cidadáns sen importar o seu xénero,
nin esperanza sen o desenvolvemento persoal da poboación feminina.
Para os que traballamos polo
WLP, os seus benefactores non son anónimos, aínda que algúns prefiran
permanecer así. É certo que o proxecto está crecendo e que os seus
patrocinadores aínda son unha minoría. Por iso, polo de agora resulta sinxelo levar conta dos individuos
que contribuíron aos logros das nosas alumnas, así como á continuidade do proxecto. Sen embargo, aínda cando alcancemos cifras importantes de participación, intentaremos
agradecer persoalmente o esforzo que cada un dos colaboradores realice por
levar adiante esta inciativa de educación.
Grazas Fernando por crer no
Proxecto de alfabetización das mulleres de Gulabgarh, por comprometerte coa súa
causa e por confiar nos seus esforzos.