
Onte escoitaba a radio e chamoume a atención a reportaxe sobre o proxecto
Yuwa, que se está a levar a cabo na India para intentar que rapazas dunha das zonas máis pobres da dese país (a segunda con maior número de mulleres analfabetas) se afasten do matrimonio infantil, o analfabetismo e as agresións sexuais a través do deporte, en concreto do futbol.
Gustaríanos compartir esa reportaxe con vós por interesante e porque nos fixo pensar na experiencia de Alessandro Bordoli en Gulabgarh hai unhas semanas. Alessandro conectou moitísimo co alumnado, especialmente a través do deporte e especificamente a través do fútbol, pois é árbitro e adestrador de fútbol nos Estados Unidos.
Por este motivo, unha idea que lle xurdiu a Tashi foi que Alessandro lle axudase a crear un programa de educación física distinto ao que habitualmente se imparte na Himalyan Cultural School, incorporando o ensino de distintos deportes, incluído o fútbol e, sobre todo, fomentando a deportividade entre os rapaces e rapazas.
E agora, esperamos que gocedes da reportaxe que se emitiu o sábado 29 de xuño no programa "A vivir que son dos días, presentado por Javier del Pino na Cadena SER:
Aquí tedes a ligazón ao trailer da película de
Gurinder Chadha "Quiero ser como Beckham" ("Bend It Like Beckham"), que trata sobre como unha rapaza británica de orixe indio, se rebela contra as
normas da súa familia tradicional e conservadora, a través do deporte.