domingo, 27 de novembro de 2011

Grazas!


Esta é unha homenaxe a todos aqueles que contribuíron a facer realidade este proxecto.
Grazas por dedicar uns minutos das vosas vidas a reflexionar sobre as vidas dun grupo de mulleres nun país tan distante como é a India. Grazas por contribuír co que podiades a facer que a alfabetización, a dignidade e a autoestima fosen unha realidade para estas mulleres. Grazas por intentar que as súas vidas—o seu mundo—sexan mellores.
Grazas ao persoal de la EOI de Santiago de Compostela, a Engracia, Esperanza, Fernando O., Gonzalo, Isabel, Lola, Sabela,Teresa e a todos os que quixeron apadriñar este proxecto desde o anonimato. Grazas!

Sem comentários:

Enviar um comentário