domingo, 22 de abril de 2012

Día internacional da Terra 2012: o noso compromiso


O WLP Gulabgarh fixo unha promesa polo día internacional da Terra 2012 e dedicamos este día ás alumnas do Proxecto de alfabetización de Gulabgarh, que traballan tan duramente por alfabetizarse. Estas mulleres, que tamén loitan por converterse en membros proactivos da súa comunidade, pronto serán capaces de redactar os seus propios compromisos e organizar as súas propias campañas dedicadas ao día da Terra. Hoxe, pois, centramos os nosos esforzos na alfabetización medio ambiental.

A continuación incluímos uns datos interesantes que explican por que a rede Earth Day creou WAGE®  (Women and the Green EconomyAs mulleres e a economía verde):
·  As mulleres constitúen máis da metade da poboación mundial.
·  As mulleres toman o 85 por cento das decisións sobre o que se consume.
·  As mulleres están ocupando postos de poder.
·  As mulleres son capaces de liderar unha economía verde sostible.
  
Feliz día da Terra 2012

Sem comentários:

Enviar um comentário