quinta-feira, 3 de maio de 2012

Día mundial da liberdade de prensa 2012

Hoxe día 3 de maio é o Día mundial da liberdade de Prensa 2012. No WLP considerámolo un día importante, sobre todo nun momento como o actual, e por iso queremos compartir a seguinte reflexión: "a liberdade de medios de comunicación desempeña un papel crucial na transformación da sociedade ao reestruturar os seus aspectos político, económico e social. "

Como membros dun proxecto que intenta impulsar a alfabetización feminina, non podemos ignorar a importancia da alfabetización mediatica.
 
Pero que significa alfabetización mediatica (informacional) ou educación nos medios de comunicación? De acordo coa fonte que citamos mais abaixo , "A alfabetización mediatica consiste en ser capaz de pensar de maneira crítica e avaliar e analizar as novas e a información; consiste en saber como acceder aos medios desde unha variedade de fontes ; e consiste en ser capaz de transmitir información a través de distintos medios. É a base da comunicación nunha sociedade impulsada polos medios de comunicación." Polo tanto, "a educación nos medios de comunicación é tan importante para os estudantes de hoxe  en día como é comprender a historia e as matemáticas"
As mulleres de Gulabgarh--as nosas alumnas--deben esforzarse en conseguir a alfabetización, pero isto é só o primeiro paso. Unha vez que estas mulleres aprendan a ler e a escribir, deben prepararse para continuar aprendendo, para dar mais pasos cara o seu empoderamento, un dos cales é acadar a alfabetización mediatica.

Sem comentários:

Enviar um comentário