-->
¿Oíches falar de Gulabgarh? ¿Onde está?
¿Na India, ao pé do Himalaia? Pero se eu cría que a cordilleira do Himalaia estaba
no Tíbet o en Nepal… ¿É que hai montañas na India?
Así é como me sentín cando escoitei o
nome de Gulabgarh por primeira vez. Eu, que realizaba a miña primeira viaxe á
India, non sabía nada sobre ese país: a súa diversidade, as súas cores, a súa
cultura, as súas paisaxes e as súas xentes. Unicamente sentía un respecto
profundo por el. Unha frase de Michael Obert, un escritor de literatura de
viaxes, podería ter sido miña:
“Durante
moito tempo, a idea dunha viaxe á India inspiraba medo en min. Non me sentía
preparado para o sub-continente e temía que quizais nada bo resultara dilo.”
Hoxe podo dicir que aquel país non me
abandonou. Entre tantas outras cousas, o que me fascinou da miña viaxe á India
(Rajasthan) foron as súas mulleres: a súa desolación e pobreza, a súa vida
sinxela, pero tamén o seu orgullo e a súa sinceridade. É estraño, pero son
estas mulleres as que me seguen a acompañar. Fixéronme reflexionar sobre a miña
propia vida e a miña sorte como muller. Eu crecín en Alemaña, protexida pola miña
familia; recibín unha boa educación, completei os meus estudos universitarios e
conseguín un bo traballo.
Nun momento da miña viaxe, Tashi
Chering, o meu guía indio, faloume con certa timidez sobre o W.L.P., iniciativa
que el fundara. Como resultado dun malentendido lingüístico (si, o meu inglés
ten moito que mellorar), pensei nun principio que se trataba dun club de lectura
para mulleres (Perdón!) e intereseime tan só de maneira tépeda no proxecto.
Logo, a miña percepción resultou ser un
errónea e souben que o WLP era na realidade unha escola para as mulleres de
Gulabgarh que lles ofrecía a oportunidade de aprender a ler, a escribir, a
realizar operacións matemáticas básicas e incluso a aprender inglés. Localicei
Gulabgarh no meu mapa da India e decateime de que moitas das mulleres que vivían
na rexión remota de Paddar, onde se atopa Gulabgarh, non recibiran estudos básicos.
Todo o que aprendera sobre o proxecto comezaba a ter un novo sentido para min e
nese momento souben que podía confiar en Tashi e o seu traballo.
Con todo, non sería mellor apoiar un
proxecto que traballe directamente pola educación das nenas? Un proxecto que mire
polo futuro das nenas da India?
Pero
quen coida das nenas in situ? Quen aprende coas nenas? Quen se asegura de que
estas reciban unha educación igual á dos nenos? Quen constitúe o mellor exemplo
para estas nenas? E quen educa aos nenos de hoxe, os que mañá serán pais e se
encargarán de asegurar que as súas fillas reciban unha boa educación? Sen dúbida,
as nais!
Cando me apercibín disto, decidín que
quería apoiar o WLP.
Non son feminista, pero creo que as
mulleres de todo o mundo debemos estar unidas. E o meu agradecemento é para
Tashi, un home que apoia ás mulleres.
Agora as mulleres da India non
conseguen desfacerse de min. Incluso na miña última viaxe a aquel país, presentáronme
a unha muller extraordinaria.
Setenta e oito anos, o pelo curto e
gris, vestida con vaqueiros e tenis, esta muller estudara a carreira de medicina
en Londres, exercera como médico en Delhi, tiña 2 fillos e, debido a un “matrimonio
malo”, divorciarase do seu home á idade de 40 anos. Lamentablemente, non me
quedei co seu nome.
A forza desta muller! Desexaríaa para
min mesma e para as mulleres de Gulabgarh.
Saúdos,
Andrea