Este mes de decembro, 2012, remata o Decenio das Nacións Unidas da alfabetización (DNUA), que comezou no ano 2003 baixo o lema "A alfabetización como liberdade". A iniciativa creouse para promover, defender e mellorar a alfabetización entre os nenos, a xuventude e os adultos de todo o mundo. A avaliación dos resultados desta acción someteranse á Asemblea Xeral das Nacións Unidas no vindeiro ano 2013.
quinta-feira, 27 de dezembro de 2012
sábado, 18 de agosto de 2012
A miña visita á aula de Gulabgarh
A espera foi longa pero por fin conseguimos publicar este vídeo da visita que fixen á aula do proxecto de alfabetización, onde puiden observar de primeira man os avances que estaban a facer as alumnas desta iniciativa.
Estiven encantada e ata me emocionei ao ver que este grupo de mulleres estaba por fin facendo algo por elas mesmas, aínda que iso as obrigase a conciliar as clases con outras tarefas, como atender os seus netos ou fillos. As mulleres nunca deixan de coidar dos demais, a maior parte das veces esquecendo coidar de si mesmas.
Non podo deixar de sentir un grande entusiasmo por este proxecto e estou convencida de que os nosos esforzos van lograr que as mulleres aprendan a ler e a escribir. Con isto conseguirase que aumente a súa auto estima e con iso a súa independencia e participación na toma das decisións importantes que afectan á súa familia e, con sorte, á sociedade da cal forman parte.
Por iso cremos que os cambios que se produzan nelas van redundar non só no seu beneficio, senón tamén no seo das súas familias e da súa comunidade.
Foi un verdadeiro pracer compartir este curto espazo de tempo con elas e de paso, corrixir os cadernos!
Parabéns para estas loitadoras – as alumnas do Proxecto de Alfabetización das Mulleres de Gulabgarh!
sábado, 11 de agosto de 2012
Revolucionando valores “de moda”
É un pracer volver despois dun pequeno descanso para compartir esta interesante entrevista a unha deseñadora de moda que promove o consumo responsable a través das súas coleccións de prendas elaboradas por artesáns da India e de España.
Kavita Parmar é unha deseñadora do norte da India, afincada agora en Madrid. Creou a marca IOU que comercializa prendas únicas e cosmopolitas - fermosamente elaboradas de xeito artesanal. IOU intenta conecta a prenda co artesán a través do que eles chaman "cadea da prosperidade", promovendo desta forma, un consumo responsable.
Kavita proporciona traballo a varias cooperativas indias. "Usando a tecnoloxía, conectamos o consumidor co artesán, para volver traer a conexión emocional co que consumimos... promover o consumo responsable porque unha vez que unha persoa sabe o que vai detrás de facer esa prenda, evalúalo máis".
Para Kavita, a India sempre é como un empezar de cero porque sempre todo é posible. E logo está esta incrible proxección de cores, de olores, é intenso... a India ataca todas as túas sensacións... é marabilloso... faite volver sentir..."
Son mulleres incribles capaces de crear iniciativas sorprendentes
que ofrecen un valor humano engadido.
Etiquetas:
artesán,
artesanía,
comercio xusto,
compromiso,
consumo responsable,
cooperativa,
deseño,
España,
India,
moda,
mulleres
domingo, 27 de maio de 2012
A maior inxustiza do noso século
Interesante charla de Sheryl WuDunn, periodista y autora de "Half the Sky" (La mitad del cielo), que puedes ver en TED (con subtítulos en español).
WuDunn non centra a súa charla na India, aínda que a
menciona, nin tampouco na alfabetización feminina, senón nun concepto mais amplo que ela considera
"o desafío moral fundamental deste século: a desigualdade de xénero."
Este gran reto, que subxace tras moitos dos problemas aos que se enfronta actualmente
o mundo en vías de desenvolvemento e incluso as grandes economías emerxentes é,
en esencia, o que nos inspirou a crear o proxecto de alfabetización feminina de
Gulabgarh.
No seu discurso Sheryl WuDunn cita a Larry Summers, que sendo
economista xefe do Banco Mundial unha vez dixo: "É moi posible que o maior
retorno da inversión no mundo en desenvolvemento sexa a educación das nenas."
WuDunn afirma ademais que "cando un educa unha nena, esta tende a casar mais
tarde na súa vida, tende a ter fillos mais tarde na vida, tende a ter menos fillos
e eses fillos que ela ten, son educados dun xeito mais intelixente."
O WLP é consciente de que se as súas alumnas comprenden a
importancia da alfabetización, traballarán mais duramente e dunha maneira mais
informada pola educación de súas fillas.
O proxecto de alfabetización das mulleres de Gulabgarh
comparte tamén a idea de que "os individuos podemos marcar a diferencia—e
deberíamos—porque os individuos xuntos... podemos axudar a crear un movemento. E
os movementos de mulleres e homes é o que se necesita para producir cambios
sociais..."
sábado, 5 de maio de 2012
A "khata"

Ofrecer un fular de seda ou khata é unha antiga tradición dos budistas tibetanos que se segue respectando hoxe en día. A khata (tamén escrita kata ou katag) concédese ao inicio dunha nova relación (ben sexa familiar, de amizade ou incluso empresarial) como un símbolo de boa vontade. Preséntase en todo tipo de acontecementos relixiosos e políticos, en casamentos, nacementos, funerais e en calquera ocasión que se considere merecedora desta ofrenda. Moitas veces a entrega dunha khata sinala un cambio ou transición especialmente importante na vida dunha persoa.
As khatas preséntanse a Buda, a mestres espirituais e a obxectos de devoción. Por iso é moi común que a xente as coloque nos altares e nos obxectos que os adornan. Tamén se cre que traen boa sorte. Ademais, podémolos ver acompañando as bandeiras de oración budistas, a miúdo nos pasos de montaña. É unha sensación marabillosa recibir unha khata cando, despois de tanto esforzo, por fin consegues chegar á cima dunha montaña!
Os fulares tradicionais adoitan ser de seda branca ou marfil con mantras ou símbolos impresos ou bordados na tela. Ademais da seda, tamén se emprega o algodón, así como outras telas para fabricar as khatas e atopámolas noutras cores como o azul, vermello, verde, amarelo e ouro.
Nós quixemos obsequiar aos benefactores do WLP con unha khata en sinal da nosa máis profunda e sincera gratitude. Considérase un honor recibir este símbolo de boa bondade e beneplácito.
Como anécdota curiosa, dirémoslles que cando Barak Obama xuraba o seu cargo como presidente dos EU, levaba no seu peto unha khata bendita polo Dalai Lama.
Fontes:
http://www.buddhachannel.tv/portail/spip.php?article13812
http://www.indiga.org/tibet/tb_costums.php
http://EzineArticles.com/3167725
http://www.tibetanprayerflag.com/products.php?cat=5
quinta-feira, 3 de maio de 2012
Día mundial da liberdade de prensa 2012
Hoxe día 3 de maio é o Día mundial da liberdade de Prensa 2012. No WLP considerámolo un día importante,
sobre todo nun momento como o actual, e por iso queremos compartir a seguinte reflexión: "a liberdade de medios de comunicación desempeña un papel crucial na transformación da sociedade ao reestruturar os seus aspectos político, económico e social. "
Como
membros dun proxecto que intenta impulsar a alfabetización
feminina, non podemos ignorar a importancia da alfabetización mediatica.
Pero
que significa alfabetización mediatica (informacional) ou educación nos medios de comunicación? De acordo coa fonte que citamos mais abaixo , "A alfabetización mediatica consiste en ser capaz de pensar de
maneira crítica e avaliar e analizar as novas e a información;
consiste en saber como acceder aos medios desde unha variedade de fontes ; e consiste en ser capaz de transmitir información a través de
distintos medios. É a base da comunicación nunha sociedade
impulsada polos medios de comunicación." Polo tanto, "a educación nos medios de comunicación é tan importante para os estudantes de hoxe en día como é comprender a historia e as matemáticas"
As mulleres de Gulabgarh--as nosas alumnas--deben esforzarse en conseguir a
alfabetización, pero isto é só o primeiro paso. Unha vez que estas
mulleres aprendan a ler e a escribir, deben prepararse para continuar
aprendendo, para dar mais pasos cara o seu empoderamento, un dos
cales é acadar a alfabetización mediatica.
domingo, 29 de abril de 2012
Un novo rostro. Outra nota de agradecemento.
Hoxe querémoslle presentar a Isabel, outra das nosas patrocinadoras e alguén que apreciamos moitísimo. Isabel é unha muller traballadora, que quere contribuír á alfabetización das mulleres de Gulabgarh--unhas mulleres que non coñece, pero polas que sinte empatía. Ela comprende e síntese identificada coas mulleres desa vila tan afastada da súa propia Galicia natal, porque comparte con elas a súa loita persoal por superarse, por axudar a sacar adiante a súa familia e por participar nas responsabilidades e decisións que a afectan. Isabel é unha muller que apreciamos e admiramos.
Loitadora, Isabel foi avanzando tamén profesionalmente a través da súa vontade e desexo por aprender e prosperar. Foi adquirindo uns coñecementos e sabedoría que só se obteñen do estudo e da experiencia e empregounos para mellorar a súa formación e a súa vida. Posto que Isabel é consciente da importancia da aprendizaxe ao longo da vida, continúa colectando e ampliando eses coñecementos. De feito, agora estase preparando para poder optar a un posto de traballo nos servizos de sanidade. Os que a coñecemos sabemos que a difícil situación actual que vivimos en España non a vai desanimar e que vai seguir o camiño elixido. En todo caso, se ese camiño se pechase, estamos seguros de que buscaría--e atoparía--outro mellor. Para nós ela é un exemplo de fortaleza, afán de superación e optimismo.
Grazas, Isabel, por crer no WLP e por axudarnos a traballar polo empoderamento das mulleres de Gulabgarh a través deste proxecto de alfabetización.
Etiquetas:
alfabetización feminina,
compromiso,
comunidade,
cooperación,
Gulabgarh,
India
segunda-feira, 23 de abril de 2012
IKEA e a ONU unidos polas mulleres do rural
Recentemente, na nosa páxina de Facebook publicamos información relevante para as mulleres rurais do estado de Uttar Pradesh, o máis poboado pero menos desenvolvido da India. A nova, que parece traer esperanza para esta rexión, ten que ver cun acordo de colaboración asinado entre a Fundación IKEA e o Programa para o Desenvolvemento das Nación Unidas (UNDP). IKEA contribúe con €30 millóns a esta iniciativa que se cre vai beneficiar a unhas 50.000 mulleres de 500 vilas rurais deste estado do norte.
Noutras zonas rurais máis illadas como Paddar, iniciativas como o Proxecto de alfabetización das mulleres de Gulabgarh tamén loitan, aínda que a menor escala, por empoderar as mulleres (como se adoita expresar agora) para que estas se convertan en membros proactivos da súa comunidade.
Queda tanto por facer aínda nesta economía emerxente para axudar a que a súa poboación feminina adquira os coñecementos necesarios para desenvolver a confianza en si mesma, a autosuficiencia e, por que non, a alfabetización financeira, que toda iniciativa conta, por moi pequena que sexa. O noso proxecto prepara o camiño para que as mulleres desta zona tomen a iniciativa na súa vida familiar e social, comezando pola aprendizaxe das destrezas mais básicas da leitura, escritura e aritmética.
A continuación reproducimos parte do artigo que publicamos recentemente en Technorati e a ligazón ao mesmo.
"Empowered lives. Resilient nations." The heading on the homepage of the United Nations Development Programme (UNDP)
website is inspiring a new effort designed to benefit the rural women
of India. With a focus on empowering women, the UNDP has partnered with
IKEA Foundation in a project
that aims to help build the self-reliance and financial skills of over
50,000 women in 500 villages in three districts of Uttar Pradesh,
India’s most populated (almost 200 m) but least developed state.
The partnership programme, to which IKEA has pledged €30 million,
aims to promote this target group's financial literacy, thereby
"strengthening their technical, institutional, managerial and financial
skills so that they are able to play a larger role in the social and
economic development in the villages."
Including rural women in its undertakings is an apparent attempt to
broaden IKEA Foundation’s mission, until now focused mainly on helping
the children of developing countries.
Read more: http://technorati.com/business/article/empowering-women-ikea-joins-efforts-with/#ixzz1sljf5s2q
Etiquetas:
alfabetización feminina,
cooperación,
desenvolvemento,
desenvolvemento inclusivo,
educación,
Gulabgarh,
igualdade de xénero,
IKEA,
India,
mulleres rurais,
Nacións Unidas,
Paddar,
UNDP,
Uttar Pradesh
domingo, 22 de abril de 2012
Día internacional da Terra 2012: o noso compromiso

A continuación
incluímos uns datos interesantes que explican por que a rede Earth Day creou WAGE®
(Women and the Green Economy—As mulleres e
a economía verde):
· As mulleres
constitúen máis da metade da poboación mundial.
· As mulleres toman
o 85 por cento das decisións sobre o que se consume.
· As mulleres
están ocupando postos de poder.
· As mulleres son
capaces de liderar unha economía verde sostible.
Feliz día da Terra 2012
sábado, 21 de abril de 2012
A compaixón e o sentido de comunidade
O Dalai Lama fala da importancia dos valores
internos do amor, a compaixón e o perdón.
Transcribimos aquí unhas frases da súa conferencia que teñen moito que ver coa misión do noso proxecto de alfabetización feminina: a preocupación polos demais e o sentido de comunidade.
"Os cartos e o poder por si solos non son capaces de unir aos seres humanos. O sentido da preocupación polo benestar do outro: esa actitude mental por si soa é o que nos une".
"O futuro de todo individuo depende enteiramente do resto da humanidade. Non importa o poderoso que sexa un individuo, o seu futuro... depende totalmente do resto da comunidade".
domingo, 8 de abril de 2012
Así soa o Ladakhi
![]() |
Ju-le! significa Ola!, Adeus!, Bo día!, Boa noite! e Grazas! en Ladakhi. Pódese dicir que é o saúdo comodín.
No proxecto de
alfabetización WLP pensamos que o idioma Ladakhi merecía unha entrada na nosa
bitácora, xa que moitas das nosas alumnas pertencen ao pobo Ladakhi e falan
unha ou máis variedades desta lingua. Na escola da
WLP (polo de agora), as mulleres “só” aprenden a ler e a escribir en Hindi e Inglés.
Por outra banda, o alumnado da Himalyan Buddhist School de Gulabgarh (Escola budista do Himalaia) tamén aprende Bhoti, ademais de Hindi e Inglés. Na casa, os rapaces falan
unha variante de Ladakhi—normalmente a que se fala na súa aldea. Estas variedades son tan diferentes, que cando estes raparigos chegan a Gulabgarh para estudar, tardan un ano ou dous en poder
comunicarse entre si. Con todo, vaia sorte que teñen estes rapaces con aprender tantas
linguas!
Como é o idioma Ladakhi
e cal é a súa orixe? Para responder a estas preguntas, decidimos compartir a
información que atopamos en Wikipedia sobre o Ladakhi, traducida aquí ao
galego.
![]() |
Festival en Leh. Foto de Raúl |
Hai aproximadamente 200.000
falantes de Ladakhi na India e quizais 12.000 no Tíbet, a meirande parte dos cales reside na
rexión chamada Changthang. O idioma consiste en varios dialectos, incluído o
Ladakhi propiamente dito (tamén chamado Lehskat polo lugar onde se fala: Leh, a capital de Ladakh), Shamskat, que se fala ao noroeste de Leh,
Stotskat, que se fala no surleste do val do Indo e finalmente Nubra, que se fala no norte.
As variedades que se usan no alto Ladakh e Zangskar conteñen moitas
características do Ladakhi e moitas outras procedentes de dialectos occidentais do tibetano central.
O Ladakhi adoita transcribirse
usando a escritura tibetana, sendo a pronuncia do Ladakhi moito máis próxima ao
tibetano escrito que a maioría dos dialectos tibetanos."
Por se lles interesa saber a
que soa o Ladakhi—polo menos algúns dos 30 sons consonánticos deste idioma—incluímos
aquí unha breve presentación realizada en Keynote.
Etiquetas:
alfabetización,
alfabetización feminina,
cooperación,
educación,
idioma,
India,
Ladakhi,
lingua,
tibetano,
viaxes
domingo, 1 de abril de 2012
Para Engracia
Mulleres que admirar. Así é
Engracia López, unha colaboradora moi querida do WLP. A súa historia é a
historia de moitas outras mulleres do mundo: viúva cando aínda era moi nova, foi quen
de sacar adiante a súa familia grazas ao seu esforzo persoal.
Esta muller que tanto loitou, coñece o que significa sobrevivir en tempos moi
duros. É por iso que comprende ás mulleres de Gulabgarh e o seu afán por
aprender, por mellorar, por superarse, por ser apreciadas e por recuperar a súa
dignidade.
Aos seus 82 anos, Engracia é
unha muller marabillosa que segue aprendendo, participando activamente na
sociedade e gozando dos distintos papeis que lle tocou desempeñar ao longo da súa
vida: nai, irmán, amiga, veciña, traballadora.
Aprendemos moito de mulleres como
ela e queremos compartir ese saber con un grupo de mulleres que comezan agora a
comprender, grazas ao WLP, a importancia da súa propia formación, crecemento
persoal e participación activa na sociedade na que se desenvolven.
Grazas pola túa axuda,
Engracia, e por confiar no traballo do Proxecto de alfabetización das mulleres
de Gulabgarh.
Todas as mulleres teñen unha
fermosa historia que contar, todas e cada unha delas posúe sabiduría que pode compartir.
sábado, 17 de março de 2012
Unha nota de agradecemento
O feito de que contemos con
persoas como Fernando demostra que o WLP logrou impulsar a participación activa
de cidadáns máis alá das fronteiras da India.
Os nosos colaboradores
entenden que é fundamental unir esforzos para axudar a resolver este problema
global que tanto afecta á India, unha das economías emerxentes máis importantes
e poboadas do mundo. Non pode haber desenvolvemento sen alfabetización, nin
crecemento sen a participación activa dos cidadáns sen importar o seu xénero,
nin esperanza sen o desenvolvemento persoal da poboación feminina.
Para os que traballamos polo
WLP, os seus benefactores non son anónimos, aínda que algúns prefiran
permanecer así. É certo que o proxecto está crecendo e que os seus
patrocinadores aínda son unha minoría. Por iso, polo de agora resulta sinxelo levar conta dos individuos
que contribuíron aos logros das nosas alumnas, así como á continuidade do proxecto. Sen embargo, aínda cando alcancemos cifras importantes de participación, intentaremos
agradecer persoalmente o esforzo que cada un dos colaboradores realice por
levar adiante esta inciativa de educación.
Grazas Fernando por crer no
Proxecto de alfabetización das mulleres de Gulabgarh, por comprometerte coa súa
causa e por confiar nos seus esforzos.
terça-feira, 13 de março de 2012
Desenvolvemento inclusivo nas economías emerxentes
Aínda que non é moi recente, non deixa de ser interesante a entrevista con Chanda Kochhar, a directora
de ICICI, o banco privado máis importante da India.
Segundo Chanda Kochhar, a concienciación sobre o concepto
de "neutralidade de xénero" é cada vez maior nas economías emerxentes como a India, onde o aumento das oportunidades de crecemento supuxo un
incremento das oportunidades para as mulleres destes países.
É interesante tamén ver que certos
aspectos da cultura tradicional poden coexistir con este novo desenvolvemento económico e incluso axudar a que mulleres e homes traballen máis e mellor xuntos.
Imaxinemos o que se poderá lograr cando a India chegue ao 100% de
alfabetización!
Entrevista en inglés:
Entrevista en inglés:
domingo, 11 de março de 2012
A nosa nova páxina na web do Día Internacional da Muller (IWD)
O WLP acaba de crear unha páxina no web dedicado ao
Día Internacional da Muller. Como a loita do WLP pola alfabetización feminina non se limita ao día 8 de marzo,
pensamos que, aínda que a nova non fose xa tan nova, deberíamos igualmente compartila cos nosos seguidores. Pódese
visitar a nosa páxina aquí: http://www.internationalwomensday.com/womensliteracy
Ademais, estamos seguros de que gozarán da presentación
creada por Thomson Reuters con motivo da ocasión do Día Internacional da Muller
2012. Son imaxes extraordinarias que captan as vidas de mulleres excepcionais
de todo o mundo.
Estatutos do WLP
Os membros do proxecto están redactando, e a piques
de rematar, os estatutos do WLP. Entre outros obxectivos, a organización propón
desenvolver actividades e deseñar accións conducentes a incentivar, motivar e
axudar ás mulleres analfabetas das zonas máis remotas e desfavorecidas de
Paddar.

Apoiar á poboación feminina para que comecen un proceso de
aprendizaxe que continúe ao longo da súa vida é outro tema clave que o WLP desexa abordar.
No futuro, o proxecto seguirá esforzándose para apoderar
as mulleres desta zona rural a través da alfabetización dixital e así reducir as desigualdades por razón de sexo. O WLP cre firmemente que, ao equipar a esta poboación
feminina coas competencias necesarias para acadar a alfabetización dixital, contribuirá
a reducir a grande fractura dixital existente entre as zonas urbanas e rurais
da India.
quinta-feira, 9 de fevereiro de 2012
O poder da alfabetización feminina
O video da ONU é de 2010. Lamentablemente, este asunto capital segue sen resolver no 2012.
Precisamos a axuda de todos vós para loitar contra o analfabetismo feminino. A través de proxectos como o WLP, podes axudar a erradicar esta lacra mundial. Ese sería o teu pequeno gran de area, a túa contribución á solución dun problema que existe a escala global.
Precisamos a axuda de todos vós para loitar contra o analfabetismo feminino. A través de proxectos como o WLP, podes axudar a erradicar esta lacra mundial. Ese sería o teu pequeno gran de area, a túa contribución á solución dun problema que existe a escala global.
domingo, 22 de janeiro de 2012
Boletín do WLP
“Solos podemos
conseguir moi pouco, pero xuntos podemos lograr moito.”
Helen Keller
Estamos convencidos de
que xuntos, co apoio de persoas coma vostede, conseguiremos
erradicar o analfabetismo en Gulabgarh.
Sabemos, ademais, que só nos ofrecerá o seu apoio se nos coñece mellor, se sabe que pode confiar en que a axuda que vostede achega beneficia directamente as mulleres de Gulabgarh.
Por iso preparamos un documento con información
detallada sobre o WLP que tamén lle indica cómo pode apoiar esta
iniciativa de formación.
Se lle gusta este proxecto visítenos en Facebook.
Subscrever:
Mensagens (Atom)